#Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos 
#Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos #Lideramos 

Proxecto Lideramos

O novo programa da Xunta para impulsar o talento,
o liderado feminino e a xestión de equipos.

Lideramos é un programa orientado ás directivas de Galicia, que ten como misión reforzar as súas habilidades de liderado e xestión eficiente de equipos.

O programa Lideramos apóiase na formación e o coaching como ferramentas clave para potenciar as habilidades brandas e o desenvolvemento profesional e persoal das directivas galegas.

Promove o fortalecemento de novos perfís profesionais, o desenvolvemento do talento, formación en habilidades e un compromiso transversal coa igualdade para mellorar as oportunidades de impulsar o crecemento do talento feminino:

Formación

Para fortalecer o liderado e a xestión executiva de equipos.

Informe Talento

Para profundar no talento propio e os equipos humanos que se dirixen.

Crear rede

Con eventos presenciais xeraremos ese espazo para ampliar contactos.

Persoas destinatarias

=

Mulleres con Titulación Universitaria ou FP de grao superior

Con centro de traballo en Galicia, con algún cargo directivo e experiencia profesional ou empresarias en activo, que xestionen equipos nunha pequena ou mediana empresa.

=

Alumnas que finalizaron o programa de liderado SON EXECUTIVA

Favorecerase o complemento formativo para aquelas alumnas que no seu día iniciaron esta formación, para reforzar a súa continuidade, a fin de formar un clima de crecemento, sinerxia e aliñación de obxectivos transversal.

Estructura do programa.

Formación Híbrida

  • 10 Horas/persoa de formación online.
  • 4 Programas presenciais de 4 horas cada un para tódalas participantes por grupo xeográfico.

Coaching individual e informe DISC

Realización dunha sesión de coaching individual para cada participante e entrega de informe DISC elaborado por un equipo de expertos.

  • 1 hora: Realización DISC
  • 1 hora: Sesión coaching

Sesións presenciais e eventos de networking

Ademais da sesión presencial en cada grupo/provincia, levarase a cabo un peche institucional no que se procederá tamén á entrega de diplomas e dinámicas de networking e formación final. 4 Horas de duración.

Datas e Lugares

Pontevedra

Evento Presencial

27 Decembro | Pontevedra

Sesión Formación Online

18 Xaneiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

25 Xaneiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

01 Febreiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

08 Febreiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

15 Febreiro | 16:00-18:00h

SESIÓNS COACHING: axendaranse entre o 29 de xaneiro e 15 de febreiro

CUPO PECHADO. Edición en Curso.

Lugo

Evento Presencial

19 Xaneiro – 18:30h
La Ferretería

Sesión Formación Online

25 Xaneiro | 18:00-20:00h

Sesión Formación Online

01 Febreiro | 18:00-20:00h

Sesión Formación Online

08 Febreiro | 18:00-20:00h

Sesión Formación Online

15 Febreiro | 18:00-20:00h

Sesión Formación Online

22 Febreiro | 18:00-20:00h

SESIÓNS COACHING: axendaranse entre o 5 e 22 de febreiro

CUPO PECHADO. Edición en Curso.

Coruña

Evento Presencial

Sesión Formación Online

22 Febreiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

29 Febreiro | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

07 Marzo | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

14 Marzo | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

21 Marzo | 16:00-18:00h

SESIÓNS COACHING: axendaranse entre o 4 e 21 de marzo

CUPO PECHADO: en fase de selección

Ourense

Evento Presencial

13 Xaneiro – 10:30h
CEO Ourense

Sesión Formación Online

07 Marzo | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

14 Marzo | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

21 Marzo | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

04 Abril | 16:00-18:00h

Sesión Formación Online

11 Abril | 16:00-18:00h

SESIÓNS COACHING: axendaranse entre o 18 de marzo e 11 de abril

CUPO PECHADO: en fase de selección

Bloques formativos

Como mellorar a organización e a xestión do tempo

Traballaremos ferramentas e metodoloxía Agile para mellorar a organización do día a día e a axilidade cos equipos. Compartiranse rutinas de xestión do tempo e tips para a implementación produtiva.

Como crear equipos de Alto Rendemento

Potenciaremos as habilidades brandas necesarias para crear equipos eficientes e implicados, traballaremos o desenvolvemento do talento, o feedback, a delegación e a organización de reunións eficaces entre outras ferramentas.

Como mellorar a túa comunicación e a motivación do teu equipo

Crecerán como líderes analizando os diferentes comportamentos e motivadores das persoas e como mellorar a comunicación para diminuír os conflitos e mellorar o benestar nas empresas.

¿Qué traballaremos?

Como mellorar a organización e a xestión do tempo

Fortalecer o liderado feminino e a competencia en xestión executiva en Galicia.

Autoliderado

Potenciar o autoliderado e mellorar as habilidades brandas das mulleres galegas.

Xestión de equipos

A xestión efectiva de equipos é fundamental para desenvolver o talento e o benestar nas empresas galegas.

Networking

Impulsar o talento durante xornadas de apertura e peche do programa e promover a creación de redes nas sesións presenciais.

Autocoñecemento

Fomentar o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal a través de sesións de coaching individualizado.

Motivación

Coñecer as principais forzas motivadoras persoais e as das persoas que forman parte dos seus equipos para saber como motivalas.

Informes DISC personalizados

Como parte do programa, entregarase a cada participante un informe de valoración DISC personalizado. DISC é a ferramenta de avaliación de comportamento máis utilizada no mundo, que utiliza un marco de catro cuadrantes para describir os modos máis comúns en que as persoas se comportan e comunican.

Os informes DISC son unha gran ferramenta para analizar capacidades de liderado e comunicación ou fortalezas e talentos individuais. Por iso son útiles nunha variedade de funcións como recrutamento e selección, capacitación e desenvolvemento, estratexia e gerenciamiento e desenvolvemento persoal.

  • Dominante
  • Influente
  • Sereno
  • Cumprimento
Z

Formación

Z

Capacitación e desenvolvemento

Desenvolvemento de liderado, Efectividade de comunicación, Efectividade de equipos, Desenvolvemento de vendas, Capacitación en servizo ao cliente, Relacións de Coaching/Mentoring.

Z

Estratexia e gerenciamiento

Marcos de Competencias e desenvolvemento, Compromiso e motivación, Formulación e estratexia, Xestión do cambio, Resolución de conflitos, Outplacement, Cultura e transformación.

Z

Persoal

Efectividade persoal, Relacións familiares, Consellería Matrimonial, Planificación de carreira.

Dirección Técnica do Proxecto

Eliana Oliveros é experta titulada en desenvolvemento persoal, coaching e comunicación. Posúe certificación en Programación Neurolingüística (PNL) e certificación internacional de TTIsuccessinsights para informes DISC e conta cunha ampla traxectoria no acompañamento e mentoría de persoal de alta dirección e xestión de equipos de diversas organizacións estatais.

A súa experiencia como oradora nacional e internacional en Escolas de Negocio, Masters, Universidades e Colexios Profesionais permítelle impactar positivamente nas persoas, motivándoas a alcanzar resultados extraordinarios tanto a nivel persoal como profesional.

Formadora con maior valoración no alumnado de anteriores edicións do programa SON EXECUTIVA e diversos programas de liderado feminino como IMPULSA.

No programa participarán tamén 3 formadoras/coaches certificadas que forman parte do equipo de KAMUK.

Últimas publicacións